As primeiras andainas deste novo goberno municipal non podían ser máis desalentadoras. Como a maioría xa sabedes, dous centros médicos do noso concello (a Casa do Mar de Lira e o do Pindo) atopáronse coa obriga de cesar temporalmente a súa actividade debido ás respeitivas baixas dos seus facultativos. De feito, esta problemática víñase repetindo nos últimos anos, se ben as súas repercusións foron nulas en canto ao grao de atención médica que recibiron os nosos veciños, grazas ás atinadas xestións do daquela alcalde nacionalista Xosé Manuel García Martínez con todos os órgaos competentes.
Este ano, a problemática habitual das gardas médicas acadou tintes críticos, derivando no cese de funcionamento da atención médica nas dúas localidades mencionadas, o que supuxo unha situación inaudita en canto aos servizos médicos dos veciños de Lira e O Pindo e o consecuente despilfarro de recursos da administración debido aos demais especialistas que si seguiron activos nese tempo pero carentes de carga de traballo debido ao desvío dos veciños aos servizos de atención primaria en localidades adxacentes.
Sería ridículo afirmar que a culpa de crearse esta situación foi do novo alcalde José Oreiro, pois como dixemos a ameaza foi permanente en anos anteriores. Pero tamén sería ridículo negar que a súa falta de xestión converteu esta situación recurrente nunha crise inaudita na historia da atención médica do noso concello.
Poñámonos nos antecedentes. Nos anos anteriores, cando os facultativos de Lira e O Pindo collían as baixas vacacionais, o SERGAS tamén afirmaba que non dispoñían de substitutos. Ora ben, o daquela goberno encabezado polo BNG removiu terra e ceo para instar o SERGAS a tomar medidas para solucionar a situación. Acordos da corporación, visitas á Xunta e aos órgaos sanitarios competentes, mobilizacións cidadás... a consigna era clara: o problema non era unha baixa facultativa non cuberta, o problema era que esa situación obrigaría a pechar dous centros que atenden a miles de persoas. Ao final a situación acabábase resolvendo, e na práctica maioría dos casos os veciños nin se enteraron de que existía, sendo atendidos sempre con normalidade.
Ante esta reacción de evidente compromiso coa cidadanía mediante unha eficaz xestión, este ano a cousa foi moi distinta, desembocando na crise coñecida. O novo alcalde, José Oreiro, chegou á alcaldía, viu o problema, e desgrazadamente non fixo gran cousa por solucionalo. Mellor dito, todo o que fixo parece unicamente dirixido a non cargar coas culpas. A primeira reacción coñecida foi unha simple chamada telefónica á Xerencia de Atención Primaria do SERGAS para a área de Compostela, requerindo os motivos de non haber médicos substitutos, e recibindo a consabida resposta, non os teñen dispostos a desprazarse a Carnota dúas ou tres semanas para cubrir unha baixa. A segunda reacción coñecida foi a difusión dun incendiario bando en que se acusa ao SERGAS, en resumidas contas, de facelo para amolalo, e anúnciase "que se verán na obriga de tomar medidas". A terceira e última reacción coñecida foi a presencia de varios membros do goberno municipal nunha "manifestación" supostamente convocada polos veciños de Lira e O Pindo. Esta cuestión ten miga, pois a pesar do seu carácter supostamente "veciñal", tanto a plataforma convocante coma a mobilización foi organizada en realidade polo Partido Popular, sendo o portavoz da plataforma un veciño do Pindo que asistiu no posto nº 8 do PP nas recentes Eleicións municipais, e coñecéndose tamén que mesmo concelleiros do PP difundiron os carteles da convocatoria. De feito, eses carteles difundíronse maioritariamente en núcleos non afectados polo problema coma Louredo, San Mamede ou Carnota, e sen apenas faceren a convocatoria nunha das dúas parroquias afectadas coma é Lira. Por outra parte, moitas das asociacións veciñais e culturais -mesmo dos lugares realmente afectados- non foron sequera convocadas a sumarse á plataforma.
Esta manobra de control sobre a reacción veciñal, unida ao nulo diálogo coas restantes forzas políticas (ambas dispostas a participar, polo que logo soubemos), a ausencia de convocatoria de moitos dos afectados... deron lugar a unha mobilización absolutamente viciada polo dominio monocromático do Partido Popular sobre ela -máis interesado en non se salpicar que en solucionar o problema-, e incidiron na nula repercusión da acción en canto á solución real do problema, que se amañou de xeito natural tras as respeitivas altas dos médicos.
A touro pasado, nada máis se soubo. Houbo un pleno municipal de urxencia, pero o goberno municipal "esqueceu" que Lira e O Pindo estiveron sen médicos durante case un mes, ou iso pode parecer logo da ausencia absoluta desta cuestión da Orde do día. O único que queda hoxe é o recordo desa viciada mobilización "veciñal", o intento de ruptura do consenso político nesta cuestión fundamental para a saúde de moitos veciños, e o absurdo de lembrar que hai anos, cando o BNG convocaba a todas as forzas políticas e veciños contra esta situación lamentábel, Oreiro sumábase, pero deixando claro en todo momento que "Eu non quero saber nada de mobilizacións". Como di o refrán, polo pan baila o can.
Se todo o que pasou lle salpicou politicamente ou non, interesaralle a el. A nós o único que nos interesa é que esta situación non volva a producirse, e saber se a próxima vez que suceda algo similar Oreiro vai volver a actuar unicamente en función do seu interese político.
- Portada
- A Moa
- Última
- Arquivo
- A Moa1 (feb/96)
- A Moa2 (abr/96)
- A Moa3 (xul/96)
- A Moa4 (out/96)
- A Moa5 (dec/96)
- A Moa6 (abr/96)
- A Moa7 (xul/96)
- A Moa8 (out/97)
- A Moa9 (nov/97)
- A Moa10 (dec/97)
- A Moa11 (mar/98)
- A Moa12 (ago/98)
- A Moa13 (nov/98)
- A Moa14 (xan/99)
- A Moa15 (mar/99)
- A Moa16 (mai/99)
- A Moa17 (mar/00)
- A Moa18 (nad/01)
- A Moa19 (mai/03)
- A Moa20 (pri/04)
- A Moa21 (pri/04)
- A Moa22 (inv/05)
- A Moa23 (pri/07)
- A Moa24 (pri/08)
- A Moa25 (pri/08)
- A Moa26 (pri/08)
- A Moa27 (ver/08)
- A Moa28 (inv/08)
- A Moa29 (EG2009)
- A Moa30 (out/10)
- A Moa31 (pri/10)
- A Moa32 (ver/10)
- A Moa33 (ver/13)
- A Moa34 (EM2015)
- A Moa35 (set/18)
- A Moa36 (EM2019)
- A Moa36 (ver/19)
- A Moa37 (pri/22)
- A Moa38 (pri/23)
- Novas
- Por localidade
- Por temática
- Actualidade municipal
- Asuntos sociais
- Calamidade
- Comarca
- Comunicado
- Costa
- Cultura
- Debate
- Deporte
- Deputación
- Economía
- Emprego
- Ensino
- Estado
- Estudos
- Goberno
- Industria
- Lecer
- Medio ambiente
- Mocidade
- Muller
- Nacional
- Obras
- Opinión
- Orgánica do BNG
- Patrimonio
- Pesca
- Pleno
- Programa
- Proxectos
- Redes
- Sanidade
- Servizos públicos
- Turismo
- Urbanismo
- Xunta
- Eleccións
- Galiza Nova
- Nós
Hai 0 opinións.
Publica a túa!