Visto o transcurrir dos feitos acontecidos durante os últimos días, desde o BNG de Carnota só nos cabe lamentar a redución dos servizos médicos en dúas das localidades máis poboadas do noso concello -Lira e O Pindo- ao non haber substitutos para cubrir as ausencias temporais dos facultativos de ambos os centros médicos e agravándose no caso desta última parroquia por levaren xa sen médico de cabeceira desde a derradeira semana de xuño. Esta carencia exténdese tamén ao Servizo de Pediatría.
Esta situación é inaudita no noso concello, e prodúcese xusto nun dos peores momentos posíbeis pola chegada masiva de turistas estivais. Esta época particular, unido ao envellecemento da poboación residente e a gran dispersión existente, converte en crítica a día de hoxe a situación dos servizos médicos no noso concello.
Hai poucos días puxémonos en contacto con Manolo García -rexedor nacionalista de Carnota ata maio, agora reincorporado ao seu emprego como doutor- e informounos de que a posibilidade de producirse esta situación foi unha ameaza permanente durante os últimos anos, se ben cunha intermediación directa cos órganos competentes foi posíbel solucionala sempre sen supoñer maiores prexuízos en canto á atención sanitaria que reciben os nosos veciños.
Porén, ante unha situación moi similar, a única reacción do novo alcalde José Oreiro (PP) foi unha chamada á xerencia da Atención Primaria do SERGAS para a área de Compostela, e a difusión dos detalles desa chamada mediante un incendiario bando municipal -o primeiro do novo goberno- no que se aproveita para atacar ao máximo órgano sanitario de Galiza.
Pola súa parte, o noso portavoz Tomé Freire, en declaracións a La Voz de Galicia, asegurou que «este non é un problema herdado, é unha situación á que o anterior goberno local soubo porlle couto, para que non tivera repercusións para os usuarios». E lamenta que «a diferenza non está na discriminación que Sanidade fai con Carnota, senón en que o alcalde non sabe facer o seu traballo, que non é outro que representar con dignidade a veciñanza do Concello». En referencia á polémica situación do novo alcalde de Carnota, cun pé no noso concello e outro no Congreso dos Deputados, Tomé salientou que «pretende gobernar o Concello desde a capital madrileña, cando é imposíbel resolver problemas desta índole sen estar ao carón dos máis prexudicados».
Esperemos que José Oreiro se decate dunha vez do compromiso coa veciñanza que conleva ostentar a alcaldía, e que deixe de moverse entre dúas augas e poña os pés na terra para dedicarse a traballar polos seus veciños, en lugar de utilizar lamentabelmente os instrumentos municipais que agora ten ao seu alcance para tapar os seus propios erros de xestión.
- Portada
- A Moa
- Última
- Arquivo
- A Moa1 (feb/96)
- A Moa2 (abr/96)
- A Moa3 (xul/96)
- A Moa4 (out/96)
- A Moa5 (dec/96)
- A Moa6 (abr/96)
- A Moa7 (xul/96)
- A Moa8 (out/97)
- A Moa9 (nov/97)
- A Moa10 (dec/97)
- A Moa11 (mar/98)
- A Moa12 (ago/98)
- A Moa13 (nov/98)
- A Moa14 (xan/99)
- A Moa15 (mar/99)
- A Moa16 (mai/99)
- A Moa17 (mar/00)
- A Moa18 (nad/01)
- A Moa19 (mai/03)
- A Moa20 (pri/04)
- A Moa21 (pri/04)
- A Moa22 (inv/05)
- A Moa23 (pri/07)
- A Moa24 (pri/08)
- A Moa25 (pri/08)
- A Moa26 (pri/08)
- A Moa27 (ver/08)
- A Moa28 (inv/08)
- A Moa29 (EG2009)
- A Moa30 (out/10)
- A Moa31 (pri/10)
- A Moa32 (ver/10)
- A Moa33 (ver/13)
- A Moa34 (EM2015)
- A Moa35 (set/18)
- A Moa36 (EM2019)
- A Moa36 (ver/19)
- A Moa37 (pri/22)
- A Moa38 (pri/23)
- Novas
- Por localidade
- Por temática
- Actualidade municipal
- Asuntos sociais
- Calamidade
- Comarca
- Comunicado
- Costa
- Cultura
- Debate
- Deporte
- Deputación
- Economía
- Emprego
- Ensino
- Estado
- Estudos
- Goberno
- Industria
- Lecer
- Medio ambiente
- Mocidade
- Muller
- Nacional
- Obras
- Opinión
- Orgánica do BNG
- Patrimonio
- Pesca
- Pleno
- Programa
- Proxectos
- Redes
- Sanidade
- Servizos públicos
- Turismo
- Urbanismo
- Xunta
- Eleccións
- Galiza Nova
- Nós
Hai 0 opinións.
Publica a túa!