Durante unha visita ao noso concello no que non faltou un percorrido aéreo en helicóptero, Anxo Quintana comprobou acompañado polo noso novo candidato Tomás Freire que o noso concello segue a ser un exemplo de desenvolvemento urbanístico.
Quintana afirmou que este acto expresaba o seu compromiso “cun urbanismo sustentábel, baseado no respecto ao territorio e ao litoral”. Cualificou a costa de Carnota como “un exemplo de como as cousas se fixeron ben, porque hai por Galiza demasiados exemplos dun urbanismo mal feito”.
En palabras do líder nacionalista, “o desenvolvemento económico se produce cando se conserva o espazo natural; se non é así, o que hai é depredación, non desenvolvemento”. “Estou convencido de que se alguén volve a Carnota dentro de catro anos, seguirá vendo unha paisaxe conservada”.
Así mesmo, recordou os puntos chave do programa do BNG en urbanismo: impulso de Plans Xerais ou modificación dos vixentes no primeiro ano de mandato para adaptalos á lei do solo; compromiso de non monetarizar cando menos un 50% do aproveitamento urbanístico que lle corresponde aos concellos e destinalo a outros fins; e por último non permitir as prórrogas dos convenios para a construción de vivenda protexida.
Contra a política do “sálvese quen poida”
O vicepresidente do goberno galego agradeceu que Alberto Núñez Feijoo explicitase durante a campaña as prioridades do PP en materia urbanística: “O señor Feijoo fala de parón na construción e de deixar que o mercado libre regule a construción de vivendas. Non fala sobre a destrución do litoral, non fala de crecemento sostíbel. En cambio, nós vimos aquí e dicimos sen medo que non se pode construír no litoral, que hai que ordenar o crecemento”.
Quintana afirmou que os cidadáns teñen que escoller entre dous modelos: o urbanismo sostíbel que propugna o BNG “ou a política do sálvese quen poida, a de que cadaquén faga o que lle dea a gaña”.
O portavoz nacional destacou que “é necesario poñerse na pel dos alcaldes, porque eles sofren unha terríbel presión por parte das empresas construtoras ou de algúns veciños”. Segundo afirmou, “protexer o litoral pode ser difícil, mais os alcaldes do BNG son quen de cumprir ese cometido, porque ademais de ter un compromiso co seu concello e cos electores, teñen un compromiso co país”. “Carnota é patrimonio dos seus veciños, mais tamén de todos os galegos”, dixo.
O territorio como recurso natural
En resposta ás preguntas dos xornalistas sobre as dificultades de compaxinar o desenvolvemento turístico e o respecto ao medio, Quintana afirmou que “se algo pode vender Carnota e o que vemos hoxe aquí”, en referencia á paisaxe natural que se observa desde o alto de Lira. Porén, recoñeceu que se poden “construír vivendas, mais onde hai que facelo”. “Se a construción rompe co espazo natural, estaremos matando a pita dos ovos de ouro”, replicou.
O goberno de Carnota “presente nas crises”
O líder do BNG tamén tivo palabras de loubanza para o goberno municipal de Carnota, presidido até agora polo nacionalista Xosé Manuel García, pola súa actuación nas crises do Prestige e dos lumes: “Os alcaldes do BNG, cando hai unha crise actúan coordinando á xente, e non buscando alguén para botarlle a culpa. Estamos convencidos de que a partir do día 27, o BNG vai seguir gobernando Carnota”, concluíu.
- Portada
- A Moa
- Última
- Arquivo
- A Moa1 (feb/96)
- A Moa2 (abr/96)
- A Moa3 (xul/96)
- A Moa4 (out/96)
- A Moa5 (dec/96)
- A Moa6 (abr/96)
- A Moa7 (xul/96)
- A Moa8 (out/97)
- A Moa9 (nov/97)
- A Moa10 (dec/97)
- A Moa11 (mar/98)
- A Moa12 (ago/98)
- A Moa13 (nov/98)
- A Moa14 (xan/99)
- A Moa15 (mar/99)
- A Moa16 (mai/99)
- A Moa17 (mar/00)
- A Moa18 (nad/01)
- A Moa19 (mai/03)
- A Moa20 (pri/04)
- A Moa21 (pri/04)
- A Moa22 (inv/05)
- A Moa23 (pri/07)
- A Moa24 (pri/08)
- A Moa25 (pri/08)
- A Moa26 (pri/08)
- A Moa27 (ver/08)
- A Moa28 (inv/08)
- A Moa29 (EG2009)
- A Moa30 (out/10)
- A Moa31 (pri/10)
- A Moa32 (ver/10)
- A Moa33 (ver/13)
- A Moa34 (EM2015)
- A Moa35 (set/18)
- A Moa36 (EM2019)
- A Moa36 (ver/19)
- A Moa37 (pri/22)
- A Moa38 (pri/23)
- Novas
- Por localidade
- Por temática
- Actualidade municipal
- Asuntos sociais
- Calamidade
- Comarca
- Comunicado
- Costa
- Cultura
- Debate
- Deporte
- Deputación
- Economía
- Emprego
- Ensino
- Estado
- Estudos
- Goberno
- Industria
- Lecer
- Medio ambiente
- Mocidade
- Muller
- Nacional
- Obras
- Opinión
- Orgánica do BNG
- Patrimonio
- Pesca
- Pleno
- Programa
- Proxectos
- Redes
- Sanidade
- Servizos públicos
- Turismo
- Urbanismo
- Xunta
- Eleccións
- Galiza Nova
- Nós
gracias quintana por o teu apoyo a noceda, o concellal de urbanismo nos ultimos oito anos. ser do bloque e facer campaña para o psoe é toda unha novidade. noceda ha de estar un mundo de agradecido.noceda alcalde
ResponderExcluirJajaja, vaiche boa. Cuidado hai que ter con Noceda, tanto "ti vai facendo" pudo acabar mal de carallo, menos mal que Manolo de Clarisa levou os temas importantes de urbanismo porque como se seguira a "Lei Noceda" para todo a saber onde íbamos parar.
ResponderExcluirE como te descuides urbanízache a leira para poñer dous bancos como lle fixo a un veciño seu de Lariño.
Por non falar doutro detalliño que xa está en boca de tódolos seus veciños, e que non vou traer aquí por vergonza allea.
Por certo, ahora vendo as fotos... que raro que non salira Campitos na foto ;-)
Será que non lle dou tempo a colgarse no helicóptero?
só sabedes respaldarvoe en injurias e calumnias...jajaja, que patéticos sodes...non me merecedes nin un simple comentario, Noceda sabese moi ben toda a ley, moi moi ben, e manolo de clarisa nunca se meteu para nada no urbanismo, por certo, ese era o alcalde non? e que eu so o vía no sahorta, acabei por pensar que deixara a política e se metera camarero...ainda o estou dudando...
ResponderExcluirManolo de Clarisa non e camarero e médico de sanidade marítima,e por suposto foi o mellor alcalde da historia de Carnota.Polo menos o mais honrado,o mais decente e o que menos mal fixo os cidadans do noso concello.E si toma cafés no Sahorta pajos cos seus cartos,non coma outros que mentras son alcaldes toman as lacoadas nos restaurantes de Carnota e deixan os pufos para que os pajen o seguinte alcalde.E xa vedes que non nombro a ninguen,non fai falla,xa esta todo dito.Estes oito anos de goberno pasaron sen maiores problemas,sen quito a este para poñer a un dos nosos-as,sen acoso persoal de ningun tipo e sobre todo con dignidade e eso que foi un goberno bipartito.Esperemos que siga gobernando a tranquilidade e a concordia.Por suposto está nas nosas mans.
ResponderExcluirManolo de Clarisa non e camarero e médico de sanidade marítima,e por suposto foi o mellor alcalde da historia de Carnota.Polo menos o mais honrado,o mais decente e o que menos mal fixo os cidadans do noso concello.E si toma cafés no Sahorta pajos cos seus cartos,non coma outros que mentras son alcaldes toman as lacoadas nos restaurantes de Carnota e deixan os pufos para que os pajen o seguinte alcalde.E xa vedes que non nombro a ninguen,non fai falla,xa esta todo dito.Estes oito anos de goberno pasaron sen maiores problemas,sen quito a este para poñer a un dos nosos-as,sen acoso persoal de ningun tipo e sobre todo con dignidade e eso que foi un goberno bipartito.Esperemos que siga gobernando a tranquilidade e a concordia.Por suposto está nas nosas mans.
ResponderExcluirpareceme moi triste que se xuzgue a unha persoa por tomar un cafe nun bar,ou por selo alcalde ¿tense que encerar na casa para que cesen as malas linguas? sera mellor que lle de a gañar os cartos os seus veciños,cun cafe dous ou tres(por certo son a 1 euro,non a 0´70) a que os vaia a gastar en papatorias bestiales ou en locais de alterne como viñan facendo outros.........
ResponderExcluirmanolo fixo unha alcaldia inmellorable e sen dubida Freire fara o mesmo,ARRIBA BNG