AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

18/05/2007

O saneamento de Lariño marcou o mitin na localidade

O pasado martes tivo lugar o mitin do BNG na parroquia de Lariño.
Foi no novo Centro Cultural da localidade nun acto presentado pola candidata nº 5 Consuelo Lamela.
De seguido intervén o mozo veciño de Lariño e nº 7 da candidatura do BNG Guillerme Lago, cun discurso plagado de referencias á difícil situación dos mozos do noso concello con dificultades para atopar traballo e que mesmo se ven obrigados a saír a buscalo fóra, situación que grazas ao compromiso e esforzo do BNG está comezando a mudar por fin. Os datos, de feito, son esperanzadores: se ben durante os catro anos no goberno de Oreiro (PP) se produciu o maior fenómeno migratorio masivo dos tempos recentes, e as cotas de paro se elevaban ata o 13%, hoxe estamos a percibir unha inversión desta tendencia e logo de oito anos de goberno nacionalista a mocidade está a comezar a vislumbar as condicións óptimas para o seu retorno, e cun paro situado agora no 8% segundo o Instituto Galego de Estadística, o que supón un dos maiores descensos do desemprego de Galiza. Guillerme pechou a súa intervención co optimista compromiso do BNG en acadar unha cota do 100% da mocidade empregada no noso concello.
De seguido o noso candidato Tomás Freire presentou aos veciños de Lariño as liñas mestras do programa do BNG para esta localidade, salientando a recuperación medioambiental da Punta Insua, o convertemento do faro de Lariño nun atractivo turístico, a recuperación do patrimonio tradicional, e o compromiso de levar o saneamento municipal ata todas as casas incidindo así nunha mellora notábel das condicións de vida dos veciños e multiplicar as súas posibilidades de desenvolvemento. Este punto foi lóxicamente o que espertou maior entusiasmo dos asistentes.
Sen embargo, se ben para cada localidade o BNG presenta un completo programa de actuacións, Tomás quixo lembrar que é o do BNG o único programa que se compromete a traballar por un desenvolvemento integral de Carnota, convertendo o nome do noso concello en etiqueta de calidade, saúde, natureza, xeración de emprego... e sempre garantindo un eficaz sistema de servizos sociais para dar resposta ás necesidades de todos os veciños.
Etiquetas: , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: