Logo do mitin de peche de campaña do BNG que se celebrará hoxe ás 20:00h. na Casa do Mar de Lira, a cita para todos os nosos veciños será na Festa de fin de campaña que o BNG de Carnota organiza na lonxa do porto do Pindo. Sardiñada, queimada, teatro, música folk e rock, agasallos... e todo de balde para os veciños do noso concello que acudan a disfrutar da festa e apoiar ao noso candidato Tomás Freire nestas derradeiras horas dunha campaña eleitoral que o BNG centrou en falar das súas propostas e presentar ao noso novo candidato.
Quedades todos convidados! E para que Carnota siga avanzando, vota Tomás, vota BNG!
Foi das festas máis bonitas e divertidas nas que estiven nunca. Un dez para o teatro (rin a escachar), un dez para os grupos, un dez para as sardiñas e as empanadas, un dez para o druida que fixo a queimada... non hai orquesta que mellore o ben que o pasamos. Ánimo e a seguir así.
ResponderExcluir