AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

11/03/2007

Tomé Freire, novo candidato do BNG de Carnota

A asemblea local do BNG de Carnota, tras a xuntanza celebrada no día de onte, escolleu ao compañeiro Tomé Freire como cabeza de lista do BNG de Carnota nas vindeiras eleicións municipais de maio.
Dito cambio de candidato debeuse á renuncia do anterior alcalde Xosé Manuel García Martínez a volver a presentarse debido a problemas de saúde.
Na mesma xuntanza, decidíronse tamén os nomes das persoas que encabezarán os seguintes postos, resultando escollida Merche Díaz como segunda da dita lista e Euloxio Franco como novidade, no terceiro posto.
A asemblea local xa está a traballar na consitución do resto da lista, que se vai caracterizar pola equilibrada presenza de mulleres e pola xusta representación de cada localidade nas nosas listas.
Confiamos en que a candidatura escollida polo BNG de Carnota sexa tamén a máis útil para os veciños na defensa dos seus intereses comúns. E tamén en que en poucas semanas a nova que traiamos a este espazo será a da eleición de Tomé Freire como novo alcalde do Concello de Carnota.
Etiquetas: ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: