AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

26/03/2007

Tomé Freire, a nosa aposta por Carnota


Para quen desenvolve a súa vida habitualmente no concello de Carnota, Tomé Freire non é ningún descoñecido. Ademais dos seus catro anos (1999-2003) de concelleiro de Economía e Facenda dos que deixou un excelente recordo entre a veciñanza pola súa dedicación, seriedade e proximidade ao pobo, tamén é de moi a ter en conta a súa absoluta implicación no movemento asociativo do noso concello.O noso veciño Tomé Freire naceu en Lira e ten 39 anos. Casado e con dous fillos, é licenciado en Ciencias Empresariais, e traballou a meirande parte da súa vida como técnico na administración local, o que lle confire unha altísima bagaxe de coñecementos das singularidades da xestión municipal que tivo a ocasión de demostrar sobradamente durante os seus catro anos de concelleiro polo BNG en Carnota, no que se erixiu como primeiro artífice da recuperación da extremadamente delicada situación económica do noso concello que o BNG recibiu como vergonzosa herdanza da anterior xestión do Partido Popular. Grazas ao seu traballo e dos que llo continuaron, o concello de Carnota é hoxe o concello da zona con maior capacidade de investimento.

Por outra parte, é digno de mencionar a súa integración desde sempre en movementos asociativos veciñais de diverso carácter, entre os que cabe destacar a Asociación Cultural Canle ou a Comunidade de Montes de Lira, do que foi secretario durante nada menos que 10 anos.


Ante este novo reto que agora afrenta, Tomé Freire revélase nun auténtico apaixoado pola transformación do noso concello, amosándose especialmente volcado na xeración de emprego para atallar a sangría da emigración, a mellora das condicións de vida dos nosos maiores e, desde logo, no desenvolvemento substentábel do noso entorno, baseado nun aproveitamento das nosas potencialidades en harmonía co respeito polo noso patrimonio. Mais sabe ben que todas estas ideas ficarán coxas sen o impulso de todos os veciños, compromiso de integración que asume de xeito moi personal.


Vimos que Tomé Freire ten o proxecto, ten a experiencia e sobre todo, cre firmemente que Carnota pode convertirse nun modelo referente da zona a todos os niveis. Os seus compañeiros tamén o cremos, igual que confiamos en que o noso veciño e compañeiro é sen lugar a dúbidas un candidato máis que capacitado para recoller con ledicia a labor de oito anos de traballo do alcalde Manolo García e dirixir o noso concello eficientemente na vindeira lexislatura. Con esa confianza vo-lo presentamos, e coa ilusión de que se convirta tamén na vosa aposta de futuro para poñer en valor este concello de todos.


Xuntos con Tomé, adiante por Carnota!
Etiquetas: ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: