AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

08/02/2007

Unha delegación carnotá visita o concello irmán de Puerto del Rosario

Unha delegación composta por 12 persoas do noso concello vai devolver desde hoxe ata o vindeiro domingo a visita que outra delegación do concello situado na illa canaria de Fuerteventura nos fixera o ano pasado e despois de consumarse o seu irmanamento institucional.Ás dúas desta tarde está prevista a chegada do grupo de 12 representantes do concello e tecido social e empresarial carnotán e mesmo un intérprete de música tradicional galega, encabezados polo alcalde Xosé Manuel García.
A corporación municipal de Puerto del Rosario ten preparado un abraiante programa de actos, co que demostra unha vez máis que este irmanamento lonxe de supoñer un acordo puramente simbólico subscita un intenso motivo de satisfacción para os habitantes da localidade, e tamén da unanimidade dos grupos políticos da corporación.



Xoves 08 de febreiro

13:30 h. Chegada ao Aeroporto de Fuerteventura.
13:45 h. Chegada da delegación carnotá ao Hotel Palace-Puerto del Rosario.
14:30 h. Almorzo-recepción no Restaurante Herbania.
17:00 h. Visita ao Palacio de Congresos.
18:00 h. Visita á piscina municipal.
19:30 h. Visita á Sala Juan Ismael.

Venres 09 de febreiro

09:30 h. Gravación dun programa televisión no que participarán anfitrións e convidados.
11:30 h. ACTO INSTITUCIONAL no Salón de Plenos do concello, e no que intervirán o cronista oficial da illa Gerardo Jorge Machín, o historiador Francisco Cerdeña Armas, os portavoces dos distintos grupos poí­ticos de Fuerteventura Coalición Canaria, PSC-PSOE, PP e Independientes de Fuerteventura, o concelleiro de cultura Antonio Alonso-Patallo Valerón e o propio alcalde de Puerto del Rosario, Marcial Morales Martí­n.
12:30 h. Inauguración dunha escultura e placa alusiva ao irmanamiento Carnota-Puerto del Rosario, a carón do Centro Municipal de Servizos Sociais).
14:00 h. Almorzo no Parador ofrecido polo Cabildo Insular, en presenza do presidente do Cabildo. De 17:00 a 19:00 h. Recepción do alcalde de Carnota a veciños carnotáns que viven na illa, nas dependencias do Hotel Palace-Puerto del Rosario.
21:00 h. Saída a Tetir. Logo, no centro de ensaio da Agrupación Folclórica de Tetir, terán lugar un asadoiro popular e diversas actuacións musicais.

Sábado 10 de febreiro

10:00 h. Visita turístico-cultural polo municipio de Puerto del Rosario e La Oliva.
14:00 h. Almorzo no municipio de La Oliva.
20:30 h. Asistencia á carrera de arretrankos, ao Baile de la Mascarita, e logo á actuación da Parranda Cuasquas no centro da cidade, e que suporá o comezo dos festexos do antroido de Puerto del Rosario.

Domingo 11 de febreiro

14:00 h. Recollida no hotel e traslado ao aeroporto.
15:30 h. Saída da delegación de volta a Carnota.


Como vedes, os primeiros pasos deste irmanamento non podían ser máis esperanzadores. É xusto por todos os nosos veciños que tiveron que facer as maletas para procurar a vida fóra, e tamén en agradecemento aos cidadáns de Puerto del Rosario pola xenerosa acollida que lles deron.
A todos eles, unha afectuosa aperta de parte dos compañeiros da asemblea local do BNG de Carnota, pois toda homenaxe lles serí­a propicia.


Novas relacionadas:
O Concello de Carnota consuma o irmanamento con Puerto del Rosario
Páxina web de Puerto del Rosario
Etiquetas: ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: