AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

26/01/2007

O paseo marítimo do Pindo, unha realidade moi próxima

Despois dun proceso longo e tortuoso, o concello de Carnota está a piques de ver cumprida unha reivindicación histórica dos veciños do Pindo: o seu paseo marítimo no borde urbano da praia de San Pedro e recuperación do entorno do areal, actualmente moi degradado.A empresa Hispania OC Galaica foi finalmente a adxudicataria do proxecto orzamentado en 1,3 millóns de euros e consistente en, ademais do propio paseo peatonal, no saneamento de franxa litoral urbana, río e canles, e complementarase tamén cunha senda peatonal ata Os Mouchos e un mirador na Cruciña, dentro do plan de rutas de sendeirismo promovido polo Concello para poñer en valor o noso patrimonio tradicional e paisaxístico.

Outro dato moi salientábel é que o proxecto respectará o histórico edificio do Pósito dos Mariñeiros do Pindo, cuxo derribo era condición innegociábel no proxecto de paseo marítimo contemplado polo anterior alcalde de Carnota Xosé Oreiro (PP).


Precisamente boa culpa da tardanza no proxecto se debeu aos esforzos do alcalde nacionalista Manolo García para salvar o dito edificio, tal e como reivindicaron sempre os veciños e mesmo o BNG incluira no seu programa electoral de cara ás Municipais, xa que aparte do valor histórico e singular constitúe actualmente un dos poucos lugares públicos de reunión da veciñanza.


Afortunadamente a espera obtivo os seus froitos, e en marzo dará comezo a execución do proxecto, que o alcalde confía en ver concluido ao final deste verán.


Desde o BNG de Carnota, felicitar aos veciños por esta nova infraestructura que sen dúbida marcará un punto de inflexión no día a día da veciñanza, e agradecerlle a súa paciencia por esta que xa parecía unha espera infinda. Esta victoria é vosa.
Etiquetas: , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: