AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

31/10/2006

Un compromiso definitivo co desenvolvemento local

Xa está en poder do goberno municipal de Carnota e de todos os cidadáns interesados o paquete de conclusións do profundo estudo da Consultoría Europea Devalar.

Neste importante documento encadrado dentro da Axenda 21 Local estúdanse unha ampla serie de medidores da actividade do Concello e dos seus habitantes, poñéndoos en relación cunha profunda análise de situación e tamén achegando un amplo paquete de medidas para o desenvolvemento integral das potencialidades do noso concello sempre desde un profundo respeto polo seu medio ambiente e desde o desenvolvemento substentábel.

O completo estudo xira en torno a catro eixos fundamentais, divididos cada un en varios puntos nos que se estudan a situación, se marcan uns obxectivos concretos e finalmente se achega unha extensa serie de medidas para mellorar ese aspecto do noso desenvolvemento no futuro.

Eixo 1: Desenvolvemento Económico e emprego

1: Promoción da produción agraria sostible e dos produtos artesáns de calidade
2: Aproveitamento integral do monte
3: Explotación sostible dos recursos mariños
4: Integración mar-industria
5: Valorización de experiencias exitosas: a Cofradía de Lira
6: Capitalización da denominación Costa da Morte
7: Valorización da experiencia adquirida en traballo téxtil
8: Mellora da oferta turística: cara un turismo sostíbel
9: Dinamización do comercio e sector terciario local

Eixo 2: Calidade de vida

10: Promoción do transporte colectivo
11: Mellora da mobilidade
12: Preservación do patrimonio e a cultura local
13: Fomento da sociedade da información

Eixo 3: Preservación do medio ambiente e eficacia ambiental

14: Preservación dos espazos naturais de excepcional valor
15: Autosuficiencia enerxética
16: Educación ambiental
17: Xestión de residuos: Peche do ciclo dos recursos
18: A Auga

Eixo 4: Igualdade de oportunidades

Programa 19: Fomento dos espazos de participación social das mulleres
Programa 20: Promoción da igualdade no acceso ao mercado laboral
Programa 21: Atención e mellora da calidade de vida dos maiores

A aprobación deste documento en Pleno da corporación municipal suporía non só a aceptación destas liñas estratexias no momento político actual, senón o compromiso firme de todas as forzas políticas co seu cumprimento independentemente dos ventos políticos que sopren no futuro.

Desde o BNG de Carnota recibimos esta boa nova con entusiasmo e confiamos en que o documento (dispoñíbel para descargar nesta páxina) será aprobado en breve pola totalidade dos membros da corporación municipal.
Etiquetas: , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: