AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

10/08/2006

O Concello organiza grupos de vixiantes dos montes

O Concello de Carnota leva días recibindo continuas mostras de solidariedade de xente de dentro e de fóra indignada coa inusitada virulencia desta nova lacra incendiaria. Ante o apoio popular a Concellaría de Medio Ambiente vai constituír gardas de vixiancia dos nosos montes.As autoridades non permiten que xente sen capacitación técnica nin seguro participen na extinción directa dos lumes, polo que o Concello desexa aproveitar as mostras de apoio recibidas mediante a creación de turnos constituídos por veciños e voluntarios e cordenados pola dita concellaría. A súa laboura consistiría en turnos sucesivos de gardas, de xeito que sempre houbese ao menos un grupo vixiando calquera incidencia anómala que se puidera producir nos montes de Carnota, xa non só posíbeis conatos de incendio senón o acceso de vehículos ou persoas ás pistas forestais.

Nestes momentos xa non existe ningún lume activo no Concello de Carnota, polo que é o momento idóneo para centrar todos os esforzos en efectuar unha concienzuda tarefa de prevención continuada ante calquera nova tentativa de prender lume ao noso entorno.


Desde o BNG de Carnota facemos un chamamento urxente a todos aqueles que se conmoven coa queima de cada árbore a poñerse en contacto co teléfono en defensa do monte galego (900 400 800), e a prestarse como voluntarios no horario que se adapte máis ás súas posibilidades. Con este xesto contribuirás a parar o asasinato progresivo dos montes deste Concello, que ao cabo, son patrimonio de todos nós. Mobilízate, mobiliza a xente que está ao teu redor, salvemos isto!
Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: