| |
Inmediatamente activouse un espectacular dispositivo que, nalgúns momentos, chegou a ter mobilizados no lugar catro helicópteros, dous hidroavións, nove motobombas, ata dez cuadrillas de extinción e varios axentes forestais. Tan intenso dispositivo non foi suficiente para evitar a calcinación de ao redor de catrocentas hectáreas da área situada entre os montes de Mallou e Lira, das que boa parte eran zonas arboradas e mesmo zonas afectadas por inxentes plantacións de especies autóctonas que tamén se viron arrasadas. O pasado mércores día 18, cando xa se daba o incendio por controlado, produciuse unha reactivación que colleu por sorpresa aos medios de extinción e aos veciños de Mallou e que achegou as lapas a poucos metros das casas, se ben foi detido pola decidida actuación veciñal coa afortunada axuda dun cambio do vento. O incendio foi finalmente controlado polo dispositivo de urxencia activado polo Concello. Poucas horas máis tarde o vicepresidente da Xunta Anxo Quintana, acompañado polo Conselleiro do Medio Rural Suárez Canal, persoáronse na zona para comprobar a gravidade dos efectos deste sobrecolledor incendio, que durante varios días mantivo a boa parte de Galiza en vilo. Que podemos dicir, alén de manifestar a nosa indignación e rabia contida ante este novo acto de terrorismo forestal. Facemos nosas as palabras de Anxo Quintana, e declaramos a guerra aos pirómanos. Tamén Suárez Canal lembrou a necesidade dunha incondicional colaboración de todos os estamentos sociais contra os delincuentes que ano tras ano nos golpean no máis fondo dos nosos corazóns. A colaboración cidadá é imprescindíbel para poñer freo a esta barbarie. Polo noso futuro e o das xeracións vindeiras. |
- Portada
- A Moa
- Última
- Arquivo
- A Moa1 (feb/96)
- A Moa2 (abr/96)
- A Moa3 (xul/96)
- A Moa4 (out/96)
- A Moa5 (dec/96)
- A Moa6 (abr/96)
- A Moa7 (xul/96)
- A Moa8 (out/97)
- A Moa9 (nov/97)
- A Moa10 (dec/97)
- A Moa11 (mar/98)
- A Moa12 (ago/98)
- A Moa13 (nov/98)
- A Moa14 (xan/99)
- A Moa15 (mar/99)
- A Moa16 (mai/99)
- A Moa17 (mar/00)
- A Moa18 (nad/01)
- A Moa19 (mai/03)
- A Moa20 (pri/04)
- A Moa21 (pri/04)
- A Moa22 (inv/05)
- A Moa23 (pri/07)
- A Moa24 (pri/08)
- A Moa25 (pri/08)
- A Moa26 (pri/08)
- A Moa27 (ver/08)
- A Moa28 (inv/08)
- A Moa29 (EG2009)
- A Moa30 (out/10)
- A Moa31 (pri/10)
- A Moa32 (ver/10)
- A Moa33 (ver/13)
- A Moa34 (EM2015)
- A Moa35 (set/18)
- A Moa36 (EM2019)
- A Moa36 (ver/19)
- A Moa37 (pri/22)
- A Moa38 (pri/23)
- Novas
- Por localidade
- Por temática
- Actualidade municipal
- Asuntos sociais
- Calamidade
- Comarca
- Comunicado
- Costa
- Cultura
- Debate
- Deporte
- Deputación
- Economía
- Emprego
- Ensino
- Estado
- Estudos
- Goberno
- Industria
- Lecer
- Medio ambiente
- Mocidade
- Muller
- Nacional
- Obras
- Opinión
- Orgánica do BNG
- Patrimonio
- Pesca
- Pleno
- Programa
- Proxectos
- Redes
- Sanidade
- Servizos públicos
- Turismo
- Urbanismo
- Xunta
- Eleccións
- Galiza Nova
- Nós
Hai 0 opinións.
Publica a túa!