AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

25/06/2006

Sete anos de apoio aos diabéticos

O pasado sábado ás 9:00 horas deu comezo unha xornada chea de actividades dirixidas ao colectivo de persoas aqueixadas de diabetes, organizada pola Concellería de Muller, Servizos Sociais, Educación, Formación e Desenvolvemento Local. Durante toda a mañá, tiveron lugar diversas charlas por parte da concelleira Merche Díaz, a especialista Teresa Lord, a Deputada Provincial do Benestar Social Margarida Vázquez Veras, ademais do propio alcalde de Carnota e médico de profesión, Manolo García.

Logo ofreceuselles aos asistentes un xantar especial para os diabéticos. Pola tarde desenvolvéronse diversos talleres e actividades formativas.


Participaron un grupo de máis de corenta persoas que teñen problemas coa enfermidade. Precisamente esta Xornada pretende servir de instrumento de apoio do Concello ao colectivo diabético, para axudalos a levar con normalidade a súa afección.


Xa van sete anos nos que, coincidindo coa chegada do BNG á alcaldía, o Concello de Carnota desenvolve esta iniciativa de achegamento e solidaridade util co dito colectivo.
Etiquetas: ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: