AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

23/09/2005

Grave accidente laboral na Ferroatlántica

Unha vez máis a lacra dos accidentes laborais golpea no corazón da nosa comarca. Os feitos producíronse na factoría Ferroatlántica de Cee, tras rexistrarse unha explosión nun dos seus fornos ás 21 horas do xoves, que se saldou con tres traballadores feridos por queimaduras, e que presuntamente se atopaban reparando unha avería no mesmo. Segundo as últimas informacións, o prognóstico dos tres traballadores é o de "moi grave".

Desde o BNG de Carnota queremos manifestar toda a nosa solidariedade cos traballadores lesionados e as súas familias, e os nosos desexos que este tipo de accidentes non volvan a repetirse, instando ás autoridades competentes a facer cumprir dunha vez por todas coa lexislación en materia de seguranza laboral, despois da omisión/ocultación do gravísimo problema da precariedade en Galiza que o anterior governo da Xunta levou a cabo.

Etiquetas: , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: