AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

01/06/2005

Anxo Quintana estará en Carnota!

O candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galiza nas vindeiras Eleicións Autonómicas do 19-X, Anxo Quintana, aproveitará a súa visita á Costa da Morte o vindeiro luns día 6 para achegarse ao noso Concello unha vez máis e coñecer un pouco máis a fondo os nosos sectores productivos.
Ademais ás 20 horas deste sábado día 4 terá lugar un acto na Casa do Mar de Lira, para o que contaremos coa presenza da candidata nº 2 polo BNG pola provincia da Coruña Ánxela Bugallo. Intervirán tamén Serxio Sendón (responsábel comarcal de Galiza Nova), Manolo García (alcalde de Carnota) e Merche Díaz (concelleira e nº 14 da lista nacionalista ao Parlamento) .
Esperamos que o acto sexa do voso interese para garantir unha boa presenza que aúpe ao que cremos máis valedeiro Presidente da Xunta cara aos duros días que lle esperan.
Adiante Quin, Carnota está contigo!

O Blog de Quin
Etiquetas: , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: