AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

22/05/2005

Non ao desfile militar na Coruña

Como producto dos esmerados esforzos do Ministro de Defensa José Bono para imitar ao seu antecesor no cargo, a cidade da Coruña vive sumida nunha pura euforia belixerante e armamentística (é un dicir). O certo é que hai de todo, opinións para tódolos gustos desde logo, algunhas ao menos curiosas como La Voz de Galicia, que está a cubrir o esperpéntico feito como quen promociona un ameno parque de atraccións nos que disfrutar dos artiluxios máis divertidos; unha alternativa de lecer sana, para o tempo libre de toda a familia...
En fin, como non podería ser doutro xeito, recomendamos aos responsábeis deste teatro dantesco a supresión inmediata do acto, que xa está a causar mobilizacións de protesta por Galiza adiante.


Nota: Vede esta imaxe tomada por "La Voz de Galicia", na que se permite aos cativos brincar cos artiluxios de asasinar que utilizan os exércitos. O pé de foto de "La Voz" reza que: "El ejército ha desplegado todas sus armas e instrumentos para acercarlos al público coruñés". Seguro que algún dos moitos nenos que están neste preciso intre disparando un vello rifle, nalgún punto en guerra do mundo, morrerá coa envexa.
Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: