AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

29/05/2005

Manolito de la Calzada

Que razón teñen os guionistas dos guiñois de Canal + ao caracterizar a Manuel Fraga de Chiquito de la Calzada, en alusión ás súas críticas burlescas ás imaxes de Touriño nun ximnasio.
Recentemente usou dunha forma esperpéntica un argumento que incomprensíbelmente o PPdeG esgrime como punta de lanza eleitoral sen a máis mínima vergonza ou recato: que se o PSOE chega á Xunta converterá a Galiza nunha "sucursal" de Madrid.Sí, señores e señoras, o mesmo presidente "pecador de la pradera" para o que Galiza non necesitou nada durante 8 anos de "goberno Aznar", agora de repente esixe a "débeda histórica diodenal", e di que "no puedo, no puedo" soportar o abandono de Zapatero para con Galiza. Pero agora este chiste de mal gusto aínda foi máis alá: Disque só o voto ao PP é bó para o noso país, porque o "fistro vaginal" de Touriño depende de Madrid e ¡¡¡¡ao BNG non lle interesa Galiza!!!! (Jaaaar, no puedo, no puedo...).
Desde o BNG de Carnota agradecemos que Fraga asimile con ese bó humor a histórica derrota que vai sufrir en menos de un mes.

"En el PP sí que nos tomamos
Galicia en serio, ¡jaaaar!"
Etiquetas: , ,

Hai unha opinión.

  1. Se podes, comenta algo desas imaxes que se emitiron hoxe ó longo de todo o día de Fraga. Moitos preguntábanse onde fora parar o seu estilista...
    Felicidades polo traballo que estades a realizar neste blog. Visitareino moi a miúdo como boa carnotana que son

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: