AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

21/05/2005

Fraga perderá a maioría absoluta

A última enquisa realizada por Sondaxe sobre a intención de voto nas vindeiras Eleicións Galegas non deixan lugar a dúbida: O PP xa non revalidará a maioría absoluta, ao perder nada menos que 5 deputados e un 7% dos votos, co que se quedaría dous escanos por debaixo da maioría.
Á vista destes resultados, só debemos reafirmarnos co noso compromiso firme de conseguir que sexa un presidente nacionalista o artífice do cambio tan desexado por miles de galegos. Porque só Anxo Quintana cumplirá con esa esperanza; polo contrario, dar o noso apoio indiferentemente a PP ou PSOE só significará hipotecar á nosa Terra catro anos máis baixo uns intereses alleos, ou o que é peor, permitir que siga sendo a moeda de cambio útil somentes para o "tira e afrouxa" que ZP e Rajoy manteñen en Madrid.
En Carnota estamos convencidos que os galegos seremos quen para, dunha vez por todas, rachar cos tópicos e coa tendenza actual, para erixirnos en lexítimos defensores donoso país e do noso futuro. Porque xa nos vai tocando.
Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: