AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

12/05/2005

Ferrol enteiro vive no loito

Ferrol está de loito de novo polas desgraciada morte de catro traballadores de Navantia Ferrol, dos cais tres tiñan menos de 30 anos, que deixaron a súa vida prematuramente por intentar axudar a unha compañeira, que cometera o único "erro" de entrar antes de tempo a traballar na fragata F-311 Roald Amundsen, que se está a construír en Bazán. Fálase de descoido, de accidente, de neglixencia e fálla de control, ou de fuga de gases.
A realidade é que a súa tarefa matutina consistía en limpar un minúsculo cubículo pechado, no que a concentración de osíxeno era dun 11%, e que en todo caso as mortes eran totalmente evitábeis. Unha vez máis, a precariedade laboral e a carencia dun emprego digno e galego desgrazadamente obriga a arriscar as vidas dos mozos galegos polo pan de cada día. Unha vez máis, a pregunta do millón: Ata cando?

Mañán, ás doce da mañá, terá lugar na Praza de Armas de Ferrol unha concentración para manifestar a solidariedade cos traballadores falecidos e protestar polo absoluto desinterese das autoridades competencias en proporcionar un tecido económico e industrial sólido e de calidade.
Etiquetas: , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: