Quin mostrouse onte convencido de que "a candidatura mellor valorada pola cidadanía é a do BNG", no curso dunha breve
entrevista con Iñaki Gabilondo, que podes escoitar na
web da Ser. O líder do BNG afirmou que o que queren os galegos é ter un presidente "que fale de ti a ti ao presidente do Goberno español" e que "non faga como Fraga, que se agacha detrás do telón"."Fraga o que debería facer é permitir o debate e o intercambio de ideas, debería aceptar a proposta de debate que veño facendo. Non o fai, non a acepta, porque non está en condicións de gobernar", argumentou Quintana.